Na actualidade,
vénse fomentado unha especie de ‘Revolución Educacional’, que, tamén é verdade,
xera un certo sentimento de
desconcerto entre os estudantes (e, dalgunha forma, do propio sistema universitario) en relación ao seu porvir profesional e aos medios aos que pode recorrer para
tomar o camiño da investigación, actuando eticamente e véndose
debidamente recompensado.
Neste sentido, resulta necesario un espazo para o encontro entre os investigadores en formación,
e aqueles que están nos seus primeiros anos de exercicio
profesional, xunto con profesores, entidades relacionadas á pesquisa e outras
institucións, para discutir, debater e aclarar a actual situación
da investigación, do ensino superior, e os seus
correspondentes papeis na sociedade, así como as vías para a profesionalización e
outras cuestións.
Ademais,
téndose en conta o presente panorama investigador na Galiza,
procúrase tamén, a través deste foro, marcar unha cita anual na
que se poida examinar o estado da investigación no país, da man
dos seus actores principais, que deste xeito poderán expor,
publicar e difundir os resultados do seu traballo, e fomentar, deste
xeito, o uso da lingua galega neste ámbito.
É neste marco que
se propón o I Congreso Galego da Mocidade
Investigadora,
a celebrarse na Facultade de Matemáticas da Universidade de
Santiago de Compostela (Campus Sur), entre os días 25 e 26 de
outubro de 2007.
Público destinatario
Preferentemente estudantes de terceiro ciclo e últimos anos de licenciatura
(ou equivalentes) que, en calidade de observadores ou comunicadores, teñan interese por expor
e publicar as súas producións científicas e, ademais, discutir as problemáticas da actual conxuntura da
investigación;
A presenza de estudantes de primeiro ciclo e doutras etapas educativas, na calidade de observadores
ou comuinicadores, poderá ser considerada, se así o valorar o
consello científico.
Avance
do Programa
|
Xoves, 25 de
outubro
|
Venres,
26 de outubro
|
|
09h00
Credenciamento 10h00
Abertura
10h30
Conferencia Plenaria:
Da investigación
profesional á investigación como profesión
Asociación Precarios Galicia
11h15
Debate
11h30
Pausa
11h45
Mesa redonda:
Retos e desafíos
do profesional investigador no século XXI
13h30
Pausa
16h00
Comunicacións
|
09h00
Comunicacións
14h00
Pausa
16h00
Comunicacións
|
Equipo
Directivo
Joám
Evans Pim (Ciencias Sociais)
Bárbara
Kristensen (Ciencias Humanas)
Óscar
Crespo Argibay (Ciencias Experimentais)
Organiza
Instituto
Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz (IGESIP)
Subvenciona
Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística
Apoia
Dirección
Xeral de Xuventude e Solidariedade, Vicepresidencia da Igualdade e
do Benestar