Ha
dúas opcións de inscrición no I Congreso Galego da Mocidade
Investigadora:
como observador, que inclúe o certificado de
asistencia ou como comunicador, que inclúe o certificado de
participación e as actas do evento, nas que estará publicada a
comunicación proposta.
Prezos
Comunicadores:
20€ (inclúe actas e certificado de participación)
Observadores:
10€ (inclúe certificado de asistencia)
Prazos
Envío
de comunicacións (texto completo): até o día 30 de xuño;
Pagamento
de taxa inscrición para comunicadores (20€): até 27 de xullo;
Pagamento
de taxa inscrición para observadores (10€): até 24 de outubro.
Para os observadores, basta que se envíe a ficha de inscrición ao e-mail
mocidade@igesip.org ou
ao enderezo postal abaixo indicado, tendo marcada esta opción. Para os comunicadores, basta que se
envíe a ficha de inscrición aos mesmos enderezos, tendo marcada a respectiva opción e, da mesma forma, enviando tamén o texto completo da comunicación, no
modelo de formatación proposto. Neste último caso, o texto estará submetido á aprobación do Consello Científico. A lista de admitidos publicarase
nesta páxina web o día 16 de xullo.
Para formalizar a inscrición e ter dereito ao certificado, en ambos os casos, e ás actas, no caso dos comunicadores, é imprescindíbel o pagamento da taxa de inscrición a realizarse a través de transferencia bancaria á conta do IGESIP en Caixa Galicia:
CCC 2091-0310-17-3040005926. Estando fóra do Estado español:
IBAN ES11-2091-0310-1730-4000-5926 (BIC: CAGLESMMXXX); enderezo da entidade bancaria: Caixa Galicia, Praza de Castelao s/n, Rianxo 15920 - A Coruña.
Ademáis, débese proceder ao envío da ficha de inscrición e do xustificante
correspondente, ben por correo postal, ben por e-mail (escaneado) a:
Instituto Galego de Estudos de
Seguranza Internacional e da Paz
Rua Rinlo 64ª, 4ºA
Rianxo 15920
A Coruña (Galiza)
ou
mocidade@igesip.org
De
haber problemas para descargar ou enviar o documento electrónico de
inscrición, poderase enviar un e-mail a mocidade@igesip.org
cos seguintes datos (e, no caso de comunicadores, o texto completo
en formato .doc):
Datos
persoais
Nome completo, DNI|NIE|BI|Pas., data nacemento, enderezo Completo (Rúa, n.º, localidade, concello, provincia, C.P., país), teléfonos (fixo e móbil), correo-e, estudos que posúe, universidade,
intereses de investigación e ocupación actual.
Modalidade
de inscrición
Observador
ou Comunicador. Neste último caso, indicar título da(s)
ponencia(s), como máximo dúas.