> comunicacións

mesas de comunicacións Programación para a presentación de comunicacións

Lista Lista de comunicacións admitidas

Descargar documento orientativo de formatación

 

Para participar do I Congreso Galego da Mocidade Investigadora na calidade de comunicador, basta enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto e coa opción de 'comunicador' marcada, xunto co arquivo da comunicación proposta en formato .doc (Microsoft Word®). A comunicación enviada será submetida á avaliación do Consello Científico que resolverá a súa aprobación e inclusión nas actas do evento.

 

Prazos

Envío de comunicacións (texto completo): até o día 30 de xuño;

Publicación de lista de comunicacións admitidas: 16 de xullo;

Pagamento* de taxa de inscrición para comunicadores (20€): até 27 de xullo;

Exposición* oral da comunicación: 25 - 26 de outubro;

Entrega de certificado de participación e actas: 26 de outubro.

 

* Condicións imprescindibeis para recibir as actas do evento

 

 

Normas xerais de participación como comunicador

1. Só se aceptarán textos escritos integramente en lingua galega (en calquera das normativas);

2. Permitirase propor até 2 (dous) textos por autor e no máximo 4 (catro) autores por texto. Neste último caso, para recibir a copia das actas, cada un deles debe ter formalizado a súa inscrición e pagamento das taxas na calidade de comunicador (20€);

3. Os textos deben conter un título, un subtítulo (de ser o caso), nome e apelidos do autor, departamento e institución, correo electrónico, resumo entre 120 e 150 palabras e 3 (tres) palabras-chave, dispostos na formatación trazada no arquivo .doc para descargar;

4. O texto debe estar xerarquicamente estruturado (e nun só nivel, é dicir, non se admitirán subapartados ou similares), cun máximo de 4.000 (catro mil) palabras, coas referencias bibliográficas inseridas no propio texto (Autor, ano:páxina), indicando de forma clara a metodoloxía, os resultados, as conclusións e a bibliografía citada seguindo a formatación que se indica:

 

Exemplo de referencia no corpo do texto:
(Pereira, 2007:120)


Cita de monografías:
Pereira, Antón (2007). Investigar en galego: pautas xerais. Lugo: Edicións Moure.


Cita de capítulo en obra colectiva:

Pereira, Antón (2007). Aproximacións cuantitativas á investigación en Galiza. In Freire, María, Ed. Estudos e ensaios. Lugo: Edicións Moure, pp. 12-19.

Cita de artigos en revistas:

Pereira, Antón (2007). Pautas para investigar en galego. Revista galega de iniciación científica, n.º 1, Vol.1, pp. 13-16.

Cita de artigos en actas:

Pereira, Antón (2007). O estado da investigación en Galiza. In Freire, María, Coord. A investigación en Galiza. Actas do I Encontro de Investigadores Galegos, celebrado en Lugo, entre o 12 e o 13 de maio de 2006. Lugo: Universidade Rural, pp. 11-24.

Cita de monografías en internet:

Pereira, Antón (2007). Investigar en galego: pautas xerais [en liña]. Lugo: Edicións Moure. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/pereira1.pdf>.

Cita de capítulo en obra colectiva en internet:

Pereira, Antón (2007). Aproximacións cuantitativas á investigación en Galiza. In Freire, María, Ed. Estudos e ensaios [en liña]. Lugo: Edicións Moure, pp. 12-19. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/freire1.pdf>.

Cita de artigos en revistas en internet:

Pereira, Antón (2007). Pautas para investigar en galego [en liña]. Revista galega de iniciación científica, n.º 1, Vol.1, pp. 13-16. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/revista1.pdf>.

Cita de documentos en internet:

Xunta de Galicia (2007). Estatísticas da investigación en Galiza [en liña]. Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.xunta.es/estatistica.htm>.

 

Pereira, Antón (2007). Situación da investigación en Galiza [en liña]. Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.xunta.es/situacion1.htm>.

 

5. Non se admitirán notas ao pé, nin notas ao fin;

6. As táboas, gráficos, figuras, deseños e ilustracións (orixinais) deben estar incluídas no texto, presentando contraste e calidade suficientes, estando en branco e negro (escala de grises) e claramente identificadas e numeradas consecutivamente. Os textos inseridos en gráficos, imaxes e similares deberán estar en fonte Trebuchet MS, tamaño 8;
7. Os autores son responsábeis das autorizacións oportunas dos titulares de dereitos de citas, ilustracións, etc., non se responsabilizando a organización por calquera violación dos dereitos de propiedade intelectual contemplados na lexislación vixente;
8. Os textos que non sexan enviados seguindo a formatación proposta no arquivo .doc para descargar, así como as outras normas indicadas, serán automaticamente excluídos.